Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, IV visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, IV visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN   

            Nesta cuarta xeira do noso ciclo de visitas virtuais ó Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, presentámosvo-la caricatura que o artista Héitor Picallo realizou do noso ilustre escritor.

Lembrade que tódolos días teredes unha visita virtual guiada a este voso museo, sempre QUEDANDO NA CASA!

Peza de sábado 21 de marzo de 2020

Ramón del Valle-Inclán

Héitor Picallo

2015

Caricatura

Colaxe, acuarela, tinta chinesa, recorte de teas

Orixinal

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

 

Se o noso amor ha de ser algo nobre, cómpre que sexa maior ca as nosas artes da disimulación e as nosas mentiras cando enganabámo-lo teu marido. Octavia, ti non volves á túa casa.

(O ermo das almas, 1908)

(Cita orixinal castelá)

Si nuestro amor ha de ser algo noble, es preciso que sea mayor que nuestras artes de disimulo y nuestras mentiras cuando engañábamos a tu marido. Octavia, tú no vuelves a tu casa.

(El yermo de las almas, 1908)