Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, IX visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, IX visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN   

                       Esta semana témola dedicada ó don Ramón del Valle-Inclán republicano, escritor e figura pública, como ben poderedes comprobar en tódalas citas literarias que imos publicando nestes días.

Nesta novena xeira do noso ciclo, mostrámosvos máis unha imaxe do artista Siro López, quen ten unha serie dedicada ó noso ilustre escritor.

E lembrade que tódolos días teredes unha visita virtual guiada a este voso museo, sempre QUEDANDO NA CASA!

Peza do día: xoves 26 de marzo de 2020

VALLE-INCLÁN: retratos, caricaturas e visións

Serie plástica creada por Siro

Retrato XIII

Témpera sobre papel

Siro [Siro López]

2008

Orixinal

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

Toda a sociedade de romarías campesiñas, coma esta, é unha sociedade de sermóns. Pero os tempos son de pouca fe, e o panexírico do santo milagreiro, dito dende o púlpito de latíns, na igrexa parroquial, chégalles menos ó fondo das conciencias ca as palabras políticas e sociais dos mitins na praza pública. Sen brincadeira: creo que esta nosa sociedade é a única de España preparada para unha herexía. Unha grande herexía relixiosa. Probabelmente a Revolución Rusa, no íntimo, no máis profundo das entrañas é unha revolución relixiosa.

(Valle-Inclán, cartas a Manuel Azaña, Santiago, 8-VIII-1935)

(Cita orixinal castelá)

Todo pueblo de romerías campesinas, como éste, es pueblo de sermones. Pero los tiempos son de poca fe, y el panegírico del Santo milagroso, dicho desde el púlpito de latines, en la iglesia parroquial les llega menos al fondo de las conciencias que las verbas políticas y sociales de los mítines en la plaza pública. Sin broma, creo que este pueblo es el único de España preparado para una herejía. Una gran herejía religiosa. Probablemente la revolución rusa, en lo íntimo, en lo más entrañado es una revolución religiosa.

(Valle-Inclán, cartas a Manuel Azaña, Santiago, 8-VIII-1935)