Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, L visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, L visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN

 

Xa chegamos á quincuaxésima visita guiada virtual diaria!

No fragmento da obra de Valle-Inclán que hoxe lembramos dende o seu museo, retrátase o antigo costume dos bautizos (ou bateos) de ponte, cando se bautizaba ou bateaba unha criatura aínda non nada, no seo materno, nun río baixo unha ponte á medianoite, facendo de padriño de ponte ou de madriña de ponte calquera persoa que ía atravesala neses momentos e atopaba alí a muller embarazada, trala petición desta.

Recollemos en persoa testemuños orais directos, en 1986, narrados por persoas maiores que foran varias veces testemuñas dese vello costume no noso municipio da Pobra do Caramiñal, na ponte de Santo Antonio, no Xobre. Na dita ponte xúntanse tódolos elementos requiridos pola tradición: o río, un cruceiro e, ademais neste caso, un peto de ánimas alumado por candeas, para completa-lo escenario do rito ancestral á medianoite.

 

Desfruten coa lectura e coa imaxe de hoxe!

 

BORRANCHOS: aproximación á obra de Valle-Inclán

Serie plástica creada por Regueira

“ÁGUILA DE BLASÓN”  (Aguia de brasón)

Domingo Regueira

Tinta, augada de tinta en papel

2018

Orixinal

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

 

Peza do día: mércores 6 de maio de 2020

 

O RAPAZ ― Xa é a medianoite.

O AVÓ ― Perdoe, miña señora, mais haberanos de servir de madriña nun bautizo. Teño unha filla que non logra familia polo mal de ollo que lle fixeron sendo moza, e dixéronnos que soamente se rompía o meigallo vindo a unha ponte onde houber unha cruz e bautizando coa agua do río despois das doce da noite. Tres días levamos acudindo a estas paraxes e o primeiro non pasou ninguén que puidese apadriñar e, o segundo, desfixo a virtude un can que viña escapado da aldea e que cruzou a ponte ata cando acudimos para tornármolo, do outro cabo, meu xenro e, deste, o rapaz comigo. Pois saberá a miña señora que para o meigallo ser roto non ha de cruza-la ponte, ata feito o bateo, nin can, nin gato, nin persoa humana.

[…]

SABELIÑA ― E o neno que queren batear onde está?

A SOGRA ― O neno non é nado, miña señora. Inda non lle dixeron a caridade que esperamos do seu bo corazón? Pobre pomba, así vén tremendo! Coidaba que queriamos facerlle mal?

O MARIDO ― Sacármoslle os untos para os vendermos!

SABELIÑA ― Dixéronme que ía ser madriña…

O AVÓ ― Cabal! Mais o bateo faise na entraña da nai para o fillo se lograr e nacer no seu tempo.

 

(Valle-Inclán: Aguia de brasón. Comedia bárbara, 1906)

 

 

 

Versión orixinal castelá:

EL RAPAZ.― Ya es la media noche.

EL ABUELO.― Perdone, mi señora, mas habrá de servirnos de madrina en un bautizo. Tengo una hija que no logra familia por mal de ojo que le hicieron siendo moza, y nos han dicho que solamente se rompía el embrujo viniendo a una puente donde hubiere una cruz, y bautizando con el agua del río después de las doce de la noche. Tres días llevamos acudiendo a este paraje, y el primero no pasó nadie que pudiera apadrinar, y el segundo deshizo la virtud un can que venía escapado de la aldea, y que cruzó la puente aun cuando acudimos a estorbarlo del otro cabo mi yerno, y de aqueste, el rapaz conmigo. Pues sabrá mi señora que para ser roto el embrujo no ha de cruzar la puente, hasta hecho el bautizo, ni can, ni gato, ni persona humana.

[…]

SABELITA.― ¿Y el niño que quieren bautizar, dónde está?

LA SUEGRA.― El niño no es nacido, mi señora. ¿”Inda” no le dijeron la caridad que esperamos de su buen corazón? ¡Pobre paloma, así viene temblando! ¿Cuidaba que queríamos hacerle mal?

EL MARIDO.― ¡Sacarle los untos para venderlos!

SABELITA.― Me dijeron que iba a ser madrina

EL ABUELO.―¡Cabal! Mas el bautizo se hace en la entraña de la madre para que el hijo nazca en su tiempo y se logre.

 

(Valle-Inclán: Águila de blasón. Comedia bárbara, 1906)

Lembren que poden consulta-las pezas comentadas nas outras visitas virtuais na área propia do Museo Valle-Inclán, nesta ligazón:

https://apobra.gal/category/museo-valle-inclan