Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, LI visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, LI visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN

 

Escenografía

Los cuernos de Don Friolera” 

(Os cornos de don Friolera)

Pepa Estrada

Óleo sobre lenzo

1976

Orixinal

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

 

Peza do día: xoves 7 de maio de 2020

 

DON FRIOLERA― Era feliz! Friolera! Indubidabelmente era feliz sen me decatar! Friolera! Friolera! Friolera! O mundo é engano e aparencia: decátanse os miróns e un non se dá de conta. Nin do bo nin do mao!… Un nunca se decata! Eu queixábame da miña sorte e nada me faltaba. Todo o tiña dentro da miña gaiola! Cando me dou de conta? Cando todo o perdo! Cando nada daquilo me resta! Estas trasnadas non poden ser obra de Deus. Ó que as sofre non pode pedírselle que colabore co papa. Friolera! Esta enleada gobérnaa o inferno. Deus non podería consentir estas dores. Nin Deus nin persoa ningunha de conciencia! Friolera! Todo o tiña e non teño nada! Que ía gañando con me deixar en coiros o Pai Eterno? Estoulle a dar voltas e este cisma non é obra de cabeza superior ningunha: pode ser que Deus e Satanás laven as mans. Toda esta traxedia armouna dona Tadea Calderón. Cunha palabra botoume ó pescozo a serpe dos celos. Maldita sexa!

 

(Valle-Inclán: Os cornos de don Friolera. Esperpento, 1921; 1925)

 

 

Versión orixinal castelá:

DON FRIOLERA.― ¡Era feliz! ¡Friolera! ¡Indudablemente era feliz sin haberme enterado! ¡Friolera! ¡Friolera! ¡Friolera! El mundo es engaño y apariencia: Se enteran los mirones, y uno no se entera. ¡Ni de lo bueno ni de lo malo!… ¡Uno nunca se entera! Yo me quejaba de mi suerte, y nada me faltaba. ¡Todo lo tenía dentro de mi jaula! ¿Cuándo me entero? ¡Cuando todo lo pierdo! ¡Cuando nada de aquello me resta! Estas trastadas no pueden ser obra de Dios. Al que las sufre, no puede pedírsele que colabore con el Papa. ¡Friolera! Este tinglado lo gobierna el Infierno. Dios no podría consentir estos dolores. ¡Ni Dios, ni ninguna persona de conciencia! ¡Friolera! ¡Todo lo tenía y no tengo nada! ¿Qué iba ganando con dejarme corito el Padre Eterno? Le estoy dando vueltas, y este cisma no es obra de ninguna cabeza superior: Puede ser que Dios y Satanás se laven las manos. Toda esta tragedia, la armó Doña Tadea Calderón. Con una palabra me echó al cuello la serpiente de los celos. ¡Maldita sea!

 

(Valle-Inclán: Los cuernos de don Friolera. Esperpento, 1921; 1925)

Lembren que poden consulta-las pezas comentadas nas outras visitas virtuais na área propia do Museo Valle-Inclán, nesta ligazón:

https://apobra.gal/category/museo-valle-inclan