Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, LV visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, LV visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN

 

 

“AVAREZA, LUXÚRIA E MORTE N`ARENA IBÉRICA”

(“Cartaz”)

Teatro do Nosso Tempo (Porto – Lisboa)

Xosé Conde Corbal

Lito-offset

1976

Orixinal

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

 

(Peza do día: luns 11 de maio de 2020)

 

A RAPOSA palpa a faldriqueira e nos feixes da lúa abre un estoxo: suspende o pequeniño colar nos seus dedos de garfo e manéxao, buscándolle as luces.

        […]

A RAPOSA ─ Deixa que cho prenda. Si que che dá realce! É mágoa non termos un espelliño para te poderes mirar!

A MOCIÑA ─  O que miro, tía, élle a fraude que me trae. Garde para si o colariño, que soga se me volve na gorxa.

A RAPOSA  ─ Ten cabeza e non fales sen discernimento. Hoxe ti es unha rosa!… Mañá, unhas varíolas, unha alferecía, un humor, un ar ético ou, en último resultado, os anos déixante murcha!  Ten cabeza! Podes lucir coma unha raíña! Non son iguais tódolos días! Hoxe acódeche a oportunidade dun home que che enche a man de ouro, mañá non a tes.

A MOCIÑA ─ Para que me quere ese home? Para amiga e que onde canse me deixe?  Non estou para me tirar!

             […]

A RAPOSA ─ Quedo aparvada coa soberbia que amosas! Pois túa nai deuche unha mellor ensinanza! Co miramento que ela ten nunca aprobaría esa correspondencia para un home de prendas! Filla, ti non gobernas coa cabeza! Voume ver con túa nai. Ela ten outra experiencia e sabe o que supoñen traballos e penas.

A MOCIÑA ─ O caso que anda a maquinar, miña tía, non lle hai nai no mundo que o resolva sen contar coa filla.

 

 (Valle-Inclán: Ligazón. Auto para siluetas, 1926)

(Tradución do Concello da Pobra do Caramiñal, SNL)

 

 

Versión orixinal castelá:

LA RAPOSA se palpa la faltriquera, y en los haces de la luna abre un estuche: Suspende la gargantilla en el garfio de los dedos, y la juega, buscándole las luces.

        […]

LA RAPOSA.─ Deja que te la prenda. ¡Sí que te da realce! ¡Lástima no tener un espejillo, para que puedas mirarte!

LA MOZUELA.─ Lo que miro, tía, es la encubierta que usted trae. Guárdese la gargantilla, que dogal se me vuelve en la garganta.

LA RAPOSA.─ Ten cabeza y no hables sin discernimiento. ¡Hoy eres una rosa!… ¡Mañana, unas viruelas, una alferecía, un humor, un aire ético, en último resultado, los años, te dejan marchita! ¡Ten cabeza! ¡Puedes lucir como una reina! ¡No son iguales todos los días! Hoy te acude la proporción de un hombre que te llena la mano de oro, mañana no la tienes.

LA MOZUELA.─ ¿Para qué me quiere ese hombre? ¿Para amiga, y que donde se canse me deje? ¡No estoy para tirarme!

             […]

LA RAPOSA.─ ¡Estoy atontada con la soberbia que muestras! ¡Pues tu madre te ha dado mejor enseñanza! ¡Al miramiento que ella tiene nunca aprobaría esa correspondencia para un hombre de prendas! ¡Hija, tú no gobiernas con la cabeza! Voy a verme con tu madre. Ella tiene otra experiencia y sabe lo que suponen trabajos y penas.

LA MOZUELA.─ El caso que usted maquina no hay madre en el mundo que lo resuelva sin contar con su hija.

 

 (Valle-Inclán: Ligazón. Auto para siluetas, 1926)

Lembren que poden consulta-las pezas comentadas nas outras visitas virtuais na área propia do Museo Valle-Inclán, nesta ligazón:

https://apobra.gal/category/museo-valle-inclan