Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, V visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, V visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN   

                        Imos coa quinta xeira do noso ciclo de visitas virtuais ó Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, para vos presentármo-lo retrato onírico que o artista Nacho Costa Beiro realizou do noso ilustre escritor.

Lembrade que tódolos días teredes unha visita virtual guiada a este voso museo, e sempre QUEDANDO NA CASA!

Peza do día: domingo 22 de marzo de 2020

Ramón del Valle-Inclán

Nacho Costa Beiro

2002

Retrato onírico

Acuarela, tinta chinesa

Orixinal

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

 

O cabaleiro: ― Onde ténde-la barca atracada? / O mariñeiro: – A sotavento do Castelo. /… Somos mariñeiros, e por iso mirámo-los perigos que provoca a travesía. O mar, canto máis se coñece, máis se teme. Non o temen os que non o coñecen.

(Romance de lobos, 1908)

(Tradución do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Pobra do Caramiñal)

 

     (Cita orixinal castelá)

El Caballero: ― ¿Dónde tenéis atracada la barca? / El Marinero: – A sotavento del Castelo. /… Somos marineros, y por eso miramos los peligros que apareja la travesía. Al mar, cuanto más se le conoce más se le teme. No le temen los que no le conocen.

(Romance de lobos, 1908)

 

Lembren que poden consulta-las pezas comentadas nas outras visitas virtuais na área propia do Museo Valle-Inclán, nesta ligazón:

https://apobra.gal/category/museo-valle-inclan