Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, VI visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, VI visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN   

                        Imos comezar unha nova semana de visitas virtuais ó voso museo. Hoxe luns, imos xa coa sexta xeira do noso ciclo, para vos presentármo-lo retrato heráldico que o artista Ramón Castro Gil realizou do noso ilustre escritor.

Lembrade que tódolos días teredes unha visita virtual guiada a este voso museo, e sempre QUEDANDO NA CASA!

Peza do día: luns 23 de marzo de 2020

Ramón María del Valle-Inclán

Ramón Castro Gil

1944

Retrato heráldico

Fototipia, tinta /papel

Orixinal

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

Do país do soño, tebras, brillos, / onde crecen plantas, flores estrañas, / entre cascallos de castelos, xunto ás ladeiras das montañas; […] /trouxo cousas moi misteriosas don Ramón María del Valle-Inclán. // Señor, que na Galiza tivéche-lo teu berce, / as miñas dúas mans danche estas flores, / amadas de Apolo e da Lúa, / cuxa sacra influencia sempre nos una, / don Ramón María del Valle-Inclán.

(Rubén Darío: Balada laudatoria a don Ramón del Valle-Inclán que lle envía ó autor o alto poeta Rubén, extracto, 1912)

(VERSIÓN ORIXINAL CASTELÁ)

Del país del sueño, tinieblas, brillos, / donde crecen plantas, flores extrañas, / entre escombros de castillos, junto a las laderas de las montañas; […] /ha traído cosas muy misteriosas don Ramón María del Valle-Inclán. // Señor, que en Galicia tuviste cuna, / mis dos manos estas flores te dan, / amadas de Apolo y de la Luna, / cuya sacra influencia siempre nos una, / don Ramón María del Valle-Inclán.

(Rubén Darío: Balada laudatoria a don Ramón del Valle-Inclán que le envía al autor el alto poeta Rubén, extracto, 1912)