Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, VII visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, VII visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN   

                        Estamos xa na segunda semana de visitas virtuais ó noso e voso Museo Valle-Inclán.

Esta semana irá dedicada ó don Ramón del Valle-Inclán republicano, escritor e figura pública, como ben poderedes comprobar nas citas literarias que imos ir publicando dende hoxe e mais nos vindeiros días.

Nesta sétima xeira do noso ciclo, mostrámosvos outra das imaxes creadas polo artista Siro López sobre o ilustre escritor pobrense.

Lembrade que tódolos días teredes unha visita virtual guiada a este voso museo, e sempre QUEDANDO NA CASA!

Peza do día: martes 24 de marzo de 2020

VALLE-INCLÁN: retratos, caricaturas e visións

Serie plástica creada por Siro

Estudo II

Serigrafía

Siro [Siro López]

2007

Orixinal

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

Paréceme que poderá vostede intenta-la educación do pobo español tan falto do sentido e do sentimento do futuro, que constitúen o alento histórico, a capacidade e a fe para facer historia. É posíbel que Lenin lle inspirase ó pobo ruso unha fe áspera e confortadora coma esta que vostede fai nacer no pobo español. Coido que a nova etapa, cando vostede volver, será unha gran páxina histórica.

(Valle-Inclán, cartas a Manuel Azaña, Santiago, 29-V-1935)

(Cita orixinal castelá)

Me parece que podrá usted intentar la educación del pueblo español tan falto del sentido y del sentimiento del futuro, que constituyen el aliento histórico, la capacidad y la fe para hacer historia. Es posible que Lenin le inspirase al pueblo ruso una fé áspera y confortadora como esta que usted hace nacer en el pueblo español. Creo que la nueva etapa, cuando usted vuelva, será una gran página histórica.

 

(Valle-Inclán, cartas a Manuel Azaña, Santiago, 29-V-1935)