Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, VIII visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, VIII visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN   

                        Continuamos nesta segunda semana de visitas virtuais ó noso e voso Museo Valle-Inclán.

Esta semana está dedicada ó don Ramón del Valle-Inclán republicano, escritor e figura pública, como ben poderedes comprobar nas citas literarias que imos publicando nestes días.

Nesta oitava xeira do noso ciclo, mostrámosvos unha imaxe do artista Siro López un chisquiño diferente, pois non vémo-lo noso don Ramón del Valle-Inclán só, senón na compaña doutro dos grandes intelectuais do seu tempo.

Lembrade que tódolos días teredes unha visita virtual guiada a este voso museo, e sempre QUEDANDO NA CASA!

Peza do día: mércores 25 de marzo de 2020

VALLE-INCLÁN: retratos, caricaturas e visións

Serie plástica creada por Siro

Valle e Unamuno en parladoiro

Acrílico sobre papel

Siro [Siro López]

2007

Orixinal

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

Aquí todo é caverna. Salvo a Universidade, que é caverna e mais pantano. Vivindo nestas vellas cidades de catedral, casino de cabaleiros, cafés con billares e paseo de rúas compréndese Gil Robles e tamén Unamuno. [.…] Nas cidades creo que a batalla está perdida para as esquerdas. Polo contrario, creo que estas glebas seguirían cegamente quen misionalmente lles predicase cun pouco de unción republicana.

(Valle-Inclán, cartas a Manuel Azaña, Santiago, 9-V-1935)

(Cita orixinal castelá)

Aquí todo es caverna. Salvo la Universidad que es caverna y pantano. Viviendo en estas viejas ciudades de catedral, casino de caballeros, cafés con billares y paseo de rúas se comprende al Gil Robles y también a Unamuno. [.…] En las ciudades creo que la batalla está perdida para las izquierdas. En cambio, creo que estas glebas seguirán ciegamente a quien las misionase con un poco de unción republicana.

(Valle-Inclán, cartas a Manuel Azaña, Santiago, 9-V-1935)