Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XIII visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XIII visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN   

Imos xa pola décimo terceira xeira do noso ciclo, con esta nova serie iniciada onte, domingo, de imaxes e de fragmentos literarios de Valle-Inclán, pois pasamos das citas epistolares de anteriores días á súa obra lírica.

     E lembrade que tódolos días teredes unha visita virtual guiada a este voso museo, mais sempre QUEDANDO NA CASA!

Peza do día: luns 30 de marzo de 2020

D. Ramón del Valle-Inclán

Carlos Wiedner

Litografía

1910

Sucesos. Semanario de actualidades

Valparaíso (Chile), ano XI, núm. 424, 6.X.1910

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

 


Baixo o carballo foral a vós o meu canto consagro, / corazóns florecidos coma as rosas dun milagre!… /Ós pastores que escoitan, tremendo, as xestas dos seus versolaris! / Ás doces avoas de mans unxidas e engurradas / que fían ó sol, no campo de pelotaris! / Ós patriarcas que lembran as guerras pasadas / e na lingua materna aínda evocan a gloria de anellas xeiras/ mirando os netos  a tece-lo espata–danzaris / […]! A todos o meu canto consagro!

(Valle-Inclán: Voces de xesta, 1911. “A ofrenda”)

(Versión orixinal castelá)

¡Bajo el roble foral a vosotros mi canto consagro, / corazones florecidos como las rosas de un milagro!… / ¡A los pastores que escuchan, temblando, las gestas de sus versolaris! / ¡A las dulces abuelas de manos ungidas y arrugadas / que hilan al sol, en el campo de pelotaris! / A los patriarcas que acuerdan las guerras pasadas / y en la lengua materna aún evocan la gloria de añejas jornadas, / mirando a los nietos tejer el   espata–danzaris / […]! ¡A todos mi canto consagro!

(Valle-Inclán: Voces de gesta, 1911. “La ofrenda“)