Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XIV visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XIV visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN   

           Imos xa pola décimo cuarta xeira do noso ciclo, con esta nova serie de fragmentos literarios de Valle-Inclán, pois pasamos das citas epistolares de anteriores días á súa obra lírica.

No parágrafo lírico de hoxe, cultiva tópicos da literatura clásica universal de tódolas épocas sobre o decorrer do tempo e o “nada novo baixo o Sol” (NIHIL NOVUM SUB SOLE).

E lembrade que tódolos días teredes unha visita virtual guiada a este voso museo, mais sempre QUEDANDO NA CASA!

Peza do día: martes 31 de marzo de 2020

BORRANCHOS: aproximación á obra de Valle-Inclán

Serie plástica creada por Regueira

D. Ramón, buscando o autor

Domingo Regueira

Tinta, augada de tinta en papel

2018

Orixinal

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

 

Nada será que non fose xa antes. / Nada será para non ser mañá. / Eternidade son tódolos instantes, / Que mide o gran que o reloxo debulla. / […] Sobre a eterna noite do pasado / Ábrese a eterna noite do mañá. / Cada hora, unha larva do pecado! / E o símbolo a serpe e a mazá!/ […] Todo é Eternidade! Todo foi antes! / E todo o que é hoxe será despois, / No Instante que abre os instantes, / E a cova da morte ós nosos pés!

(Valle-Inclán: O pasaxeiro, 1920. Clave XXVIII: “Rosa gnóstica”)

(Cita orixinal castelá)

Nada será que no haya sido antes. / Nada será para no ser mañana. / Eternidad son todos los instantes, / Que mide el grano que el reloj desgrana. / […] Sobre la eterna noche del pasado / Se abre la eterna noche del mañana. / ¡Cada hora, una larva del pecado! / ¡Y el símbolo la sierpe y la manzana! / […] ¡Todo es Eternidad! ¡Todo fue antes! / ¡Y todo lo que es hoy será después, / En el Instante que abre los instantes, / Y el hoyo de la muerte a nuestros pies!

(Valle-Inclán: El pasajero, 1920. Clave XXVIII: “Rosa gnóstica”)