Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XLII visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XLII visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN

 

BORRANCHOS: aproximación á obra de Valle-Inclán

Serie plástica creada por Regueira

LUCES DE BOHEMIA

Domingo Regueira

Tinta, augada de tinta en papel

2018

Orixinal

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

Peza do día: martes 28 de abril de 2020

 

DON LATINOMorreu o Xenio! Non chores, miña filla! Morreu e non morreu!…O Xenio é inmortal!… Consólate, Claudiniña, porque ti e-la filla do primeiro poeta español! Que che sirva de consolo saberes que ti e-la filla de Vítor Hugo! Unha orfa ilustre! Déixame apreixarte!

CLAUDINIÑA― Está ebrio!

DON LATINO― Parézoo. Sen dúbida, parézoo. É a dor!

CLAUDINIÑA― Se tomba o bafo de augardente!

[…]

DON LATINO― […] Eu apostara con este cadáver frío sobre cal dos dous emprendería primeiro a viaxe e venceume nisto, coma en todo! Cantas veces cruzámo-la mesma aposta! Lembras, irmán? Morriches á fame, como eu vou morrer, como morreremos tódolos españois dignos! Pecháranche tódalas portas e vingácheste morrendo de fame! Ben feito! Que caia esa vergoña sobre os cabróns da Academia! En España é un delito o talento!

(Valle-Inclán: Luces de bohemia. Esperpento, 1920; 1924)

 

 

 

Cita orixinal castelá:

DON LATINO.― ¡Ha muerto el Genio! ¡No llores, hija mía! ¡Ha muerto y no ha muerto!… ¡El Genio es inmortal!… ¡Consuélate, Claudinita, porque eres la hija del primer poeta español! ¡Que te sirva de consuelo saber que eres la hija de Víctor Hugo! ¡Una huérfana ilustre! ¡Déjame que te abrace!

CLAUDINITA.― ¡Usted está borracho!

DON LATINO.― Lo parezco. Sin duda lo parezco. ¡Es el dolor!

CLAUDINITA.― ¡Si tumba el vaho de aguardiente!

[…]

DON LATINO.― […] ¡Yo tenía apostado con este cadáver frío, sobre cuál de los dos emprendería primero el viaje, y me ha vencido en esto, como en todo! ¡Cuántas veces cruzamos la misma apuesta! ¿Te acuerdas, hermano? ¡Te has muerto de hambre, como yo voy a morir, como moriremos todos los españoles dignos! ¡Te habían cerrado todas las puertas, y te has vengado muriéndote de hambre! ¡Bien hecho! ¡Que caiga esa vergüenza sobre los cabrones de la Academia! ¡En España es un delito el talento!

(Valle-Inclán: Luces de bohemia. Esperpento, 1920; 1924)

 

Lembren que poden consulta-las pezas comentadas nas outras visitas virtuais na área propia do Museo Valle-Inclán, nesta ligazón:

https://apobra.gal/category/museo-valle-inclan