Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XLIV visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XLIV visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN

 

 

BORRANCHOS: aproximación á obra de Valle-Inclán

Serie plástica creada por Regueira

ROMANCE DE LOBOS

Domingo Regueira

Tinta, augada de tinta en papel

2018

Orixinal

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

 

Peza do día: xoves 30 de abril de 2020

 

O CABALEIRO― Maldicido animal!… Ten tódolos demos no corpo!… Que un raio me parta e me confunda!

UNHA VOZ― Non maldizas, pecador!

OUTRA VOZ― Pensa na hora da morte, pecador!

OUTRA VOZ― Sete diabros ferven aceite nunha gran caldeira para abura-lo teu corpo mortal, pecador!

O CABALEIRO― Quen me fala? Sodes voces do outro mundo? Sodes almas en pena, ou sodes fillos da puta?

Treme fortemente un gran trono no ar e o poldro enderéitase, coa ameaza de tira-lo xinete do arzón. Entre os milleirais brillan as luces da Santa Compaña. O CABALEIRO sente que os cabelos se ourizan na súa fronte, e disipados os vapores do mosto. Óuvense xemidos de agonía e o enferruxado son de cadeas que arrastran na noite escura as ánimas en pena que veñen ó mundo para cumpriren penitencia. A branca procesión para coma unha néboa sobre as milleiras.

 

(Valle-Inclán): Romance de lobos. Comedia bárbara, 1908)

 

 

 

Cita orixinal castelá:

EL CABALLERO.― ¡Maldecido animal!… ¡Tiene todos los demonios en el cuerpo!… ¡Un rayo me parta y me confunda!

UNA VOZ.― ¡No maldigas, pecador!

OTRA VOZ.― ¡Piensa en la hora de la muerte, pecador!

OTRA VOZ.― ¡Siete diablos hierven aceite en una gran caldera para achicharrar tu cuerpo mortal, pecador!

EL CABALLERO.― ¿Quién me habla? ¿Sois voces del otro mundo? ¿Sois almas en pena, o sois hijos de puta?

 Retiembla un gran trueno en el aire, y el potro se encabrita, con amenaza de desarzonar al jinete. Entre los maizales brillan las luces de la Santa Compaña. EL CABALLERO siente erizarse los cabellos en su frente, y disipados los vapores del mosto. Se oyen gemidos de agonía y herrumbroso son de cadenas que arrastran en la noche oscura, las ánimas en pena que vienen al mundo para cumplir penitencia. La blanca procesión para como una niebla sobre los maizales.

 

(Valle-Inclán): Romance de lobos. Comedia bárbara, 1908)

Lembren que poden consulta-las pezas comentadas nas outras visitas virtuais na área propia do Museo Valle-Inclán, nesta ligazón:

https://apobra.gal/category/museo-valle-inclan