Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XLIX visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XLIX visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN

 

VALLE-INCLÁN: retratos, caricaturas e visións

Serie plástica creada por Siro

“Tertulia”  (Faladoiro)

Siro [Siro López]

Tinta sobre papel

2007

Orixinal

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

Peza do día: martes 5 de maio de 2020

 

Xuntos e diletantes, asistimos á vernizadura das exposicións e ós teatros, ás revoltas populares e ás verbenas: ó par, fomos miróns en vodas reais e fusilamentos. Mateo Morral, pasaxeiro cara á súa fin, estivo no noso faladoiro na derradeira noite. Coñecémolo xuntos e xuntos fómolo ver morto. […] Alleos á vida española, sen unha soa atadura por onde recibirmos proveito, vimos cunha mirada de bo humor trinta anos de historia. […] Con estas gozosas memorias non intento querer dicir que haxa mudanza nos tempos. Son máis vistosas ca nunca as plumaxes e as bandas, os discursos e os albaroques das gloriosas retiradas. A consecuencia é unha virtude española, e cando parece trastornada a “mojiganga” é porque aumenta o número dos babións. Deus mellora as súas horas “no grande hogano“, como rezan os clásicos e os babiolos desta palestra. De mirón nos “mojigangas”, hai trinta anos, coñecín Ricardo Baroja. Como faciámo-los comentarios en voz alta e estabamos de acordo, saímos amigos para sempre.

 

(Valle-Inclán: Ricardo Baroja y Nessi, O pedigree, prólogo, 1924)

 

 

Cita orixinal castelá:

Juntos y diletantes, asistimos al barnizaje de las exposiciones y a los teatros, a las revueltas populares y a las verbenas: Par a par, hemos sido mirones en bodas reales y fusilamientos. Mateo Morral, pasajero hacia su fin, estuvo en nuestra tertulia la última noche. Le conocimos juntos, y juntos fuimos a verle muerto. […] Ajenos a la vida española, sin una sola atadura por donde recibir provecho, hemos visto con una mirada de buen humor treinta años de Historia. […] Con estas regocijadas memorias no intento significar que haya mudanza en los tiempos. Son más vistosos que nunca los plumajes y las bandas, los discursos y los alboroques de las gloriosas retiradas. La consecuencia es virtud española, y cuando parece trastocada la mojiganga es porque aumenta el número de los babiones. Dios mejora sus horas hogañazo, como rezan los clásicos y los pardillos de este ruedo. De mirón en los mojigangas, hace treinta años, conocí a Ricardo Baroja. Como hacíamos los comentarios en voz alta, y estábamos de acuerdo, salimos amigos para siempre.

 

(Valle-Inclán: Ricardo Baroja y Nessi, El Pedigree, prólogo, 1924)

Lembren que poden consulta-las pezas comentadas nas outras visitas virtuais na área propia do Museo Valle-Inclán, nesta ligazón:

https://apobra.gal/category/museo-valle-inclan