Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XLV visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XLV visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN

 

Peza do día: venres, 1 de maio de 2020

DÍA INTERNACIONAL DO TRABALLO

 

VALLE-INCLÁN: retratos, caricaturas e visións

Serie plástica creada por Siro

Caricatura I

Siro [Siro López]

Tinta e ceras sobre papel

1999

Facsímile

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

 

Dous anos hai que coñecín o «irmán Iglesias», o apóstolo do socialismo español; a idea feita carne, o Verbo desta doutrina, que ameaza ser en diante a relixión política de tódolos pobos. / Aínda me parece velo e ouvilo coa calor e o entusiasmo dun home convencido. / Dende o primeiro día sentinme atraído por aquel apóstolo que non vacilarei en chamar grande. / A súa natureza vigorosa e apopléctica, de carballo e de touro xuntamente, reintegraba por un misterioso fenómeno de radiación humana a penuria da miña, neurótica, excitada e sensitiva. Sen dúbida, disto, máis ca das súas ideas ―que, non negarei, teñen para min o poderoso atractivo de tódolos ideais―, naceu a nosa amizade nunca interrompida. Contra o que adoita suceder na vida, a diversidade de principios, lonxe de facer máis tépedo o noso afecto acrecentouno e como aceiro probouno no lume das disensións. / Pablo Iglesias é un home aínda novo. A súa cabeza viril e enérxica, que parece modelada en bronce, lembra a dalgúns reis da Galiza, na Idade Media; […] é unha froita sa …

 

 (Valle-Inclán: “Pablo Iglesias é o apóstolo do socialismo español. A súa natureza. A súa figura. A súa importancia fóra de España” O Universal (México D.F.), 29.V.1892)

 

 

 

Cita orixinal castelá:

Dos años hace que conocí al «hermano Iglesias», el apóstol del socialismo español; la idea hecha carne, el Verbo de esta doctrina, que amenaza ser a lo adelante la religión política de todos los pueblos. / Todavía me parece verle y oírle con el calor y el entusiasmo de un hombre convencido. / Desde el primer día me sentí atraído por aquel apóstol que no vacilaré en llamar grande. / Su naturaleza vigorosa y apoplética, de roble y de toro juntamente, reintegraba por un misterioso fenómeno de radiación humana la penuria de la mía, neurótica, excitada y sensitiva. Sin duda de esto, más que de sus ideas ―que no negaré tienen para mí el poderoso atractivo de todas las idealidades― nació nuestra amistad nunca interrumpida. Contra lo que suele suceder en la vida, la diversidad de principios, lejos de entibiar nuestro afecto lo acrecentó y como acero probóle al fuego de las disensiones. / Pablo Iglesias es hombre todavía joven. Su cabeza varonil y enérgica, que parece modelada en bronce, recuerda la de algunos reyes de Galicia, en la Edad Media; […] es una fruta sana…

 

 (Valle-Inclán: “Pablo Iglesias es el apóstol del socialismo español. Su naturaleza. Su figura. Su importancia fuera de España” El Universal (México D.F.), 29.V.1892)

Lembren que poden consulta-las pezas comentadas nas outras visitas virtuais na área propia do Museo Valle-Inclán, nesta ligazón:

https://apobra.gal/category/museo-valle-inclan