Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XLVI visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XLVI visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN

 

Peza do día: sábado, 2 de maio de 2020

VALLE-INCLÁN

David Pintor

Tinta e acuarela en papel

2016

Orixinal

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

 

A “academia de la lengua” non foi xamais albergue natural de escritores (as excepcións confirman a regra). Se acaso, houbo nela algún especialista… Pero os escritores quedaron ordinariamente fóra, e foron moitos os de gran talento que morreron sen ingresaren nela. […] Por que ha de segui-la Academia pechando as súas portas ó sexo feminino? Estarían moi ben na Academia dona Blanca de los Ríos, dona Margarita Nelken, dona Teresa de Escoriaza… […] Pregunto para min o que faría eu na Academia. Os académicos, apenas me visen aparecer por alí, levarían un gran desgusto… Sería un intruso… Na Academia están ben figuras decorativas, os prelados, os duques, os xenerais… E algúns escritores coma aqueles a quen me referín antes. Pero os non conformistas, os inquedos, os non conservadores, coma min… De modo ningún… Pola contra, dona Blanca de los Ríos, tan respectábel, tan sensata… estaría na Academia coma na súa casa. Xa se acostumarían os académicos á presenza das mulleres. Tras ela entrarían, vencidas as primeiras resistencias, esas outras escritoras distinguidísimas […]. Sabe cal é a condición esencial do bo académico? Ter pouca voz, para falar co compañeiro sentado á dereita sen o sabe-lo da esquerda, e co da esquerda sen o ouvi-lo da dereita… E eu, ai de min!, teño un voceirón.

 

(A. CACHO Y ZABALZA: “Falando con don Ramón del Valle-Inclán. O grande escritor opina que a Academia Española debía admiti-las damas”, A Voz, Madrid, 30.XII.1929)

 

 

Cita orixinal castelá:

La Academia de la Lengua no fue jamás albergue natural de escritores. (Las excepciones confirman la regla). Si acaso, hubo en ella algún especialista… Pero los escritores se quedaron ordinariamente fuera, y fueron muchos los de gran talento que murieron sin ingresar en ella. […] ¿Por qué ha de seguir la Academia cerrando sus puertas al sexo femenino? Estarían muy bien en la Academia doña Blanca de los Ríos, doña Margarita Nelken, doña Teresa de Escoriaza… […] Me pregunto qué haría yo en la Academia. Los académicos, apenas me vieran aparecer por allí, se llevarían un gran disgusto… Sería un intruso… En la Academia están bien figuras decorativas, los prelados, los duques, los generales… Y algunos escritores como aquellos a que me he referido antes. Pero los no conformistas, los inquietos, los no conservadores, como yo… De ningún modo… En cambio, doña Blanca de los Ríos, tan respetable, tan sensata… estaría en la Academia como en su casa. Ya se acostumbrarían los académicos a la presencia de las mujeres. Tras ella entrarían, vencidas las primeras resistencias, esas otras escritoras distinguidísimas […]. ¿Sabe usted cuál es la condición esencial del buen académico? Tener poca voz, para hablar con el compañero sentado a la derecha sin que se entere el de la izquierda, y con el de la izquierda sin que lo oiga el de la derecha… Y yo, ¡ay de mí!, tengo un vozarrón.

 

(A. CACHO Y ZABALZA: “Hablando con Don Ramón del Valle-Inclán. El gran escritor opina que la Academia Española debía admitir a las damas”, La Voz, Madrid, 30.XII.1929)

Lembren que poden consulta-las pezas comentadas nas outras visitas virtuais na área propia do Museo Valle-Inclán, nesta ligazón:

https://apobra.gal/category/museo-valle-inclan