Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XLVII visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XLVII visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN

 

RAMÓN DEL VALLE-INCLÁN

Francisco Toledo

Fundición en bronce

1971-1972

Orixinal

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

 

Peza do día: domingo 3 de maio de 2020

 

 

… creo que hai tres modos de ve-lo mundo, artística ou esteticamente: de xeonllos, en pé ou levantado no ar. / Cando se mira de xeonllos ―e esta é a posición máis antiga na literatura―, dáselles ós personaxes, ós heroes, unha condición superior á condición humana, cando menos á condición do narrador ou do poeta. Así, Homero atribúe ós seus heroes condicións que de modo ningún teñen os homes. […] Hai unha segunda maneira, que é mira-los protagonistas novelescos coma se fosen da nosa propia natureza, coma se fosen os nosos irmáns, coma se fosen eles nós mesmos, coma se fose o personaxe un desdobramento do noso eu, coas nosas mesmas virtudes e os nosos mesmos defectos. Esta é, indubidabelmente, a maneira que máis prospera. Isto é Shakespeare. Todo Shakespeare. […] E hai outra terceira maneira, que é mira-lo mundo dende un plano superior, e considera-los personaxes da trama como seres inferiores ó autor, cunha miga de ironía. Os deuses convértense en personaxes de sainete. Esta é unha maneira moi española, maneira de demiúrgo, que non se considera de modo ningún feito do mesmo barro ca os seus monecos. Quevedo ten esta maneira. Cervantes, tamén. […] E esta consideración é a que me moveu a facer unha mudanza na miña literatura e a escribi-los «esperpentos», o xénero literario que eu bautizo co nome de «esperpentos».

 

(G. MARTÍNEZ SIERRA: “Falando con Valle-Inclán. Del e mais da súa obra”, ABC, Madrid, 7.XII.1928)

 

 

 

Cita orixinal castelá:

… creo hay tres modos de ver el mundo, artística o estéticamente: de rodillas, en pie o levantado en el aire. / Cuando se mira de rodillas ―y ésta es la posición más antigua en literatura―, se da a los personajes, a los héroes, una condición superior a la condición humana, cuando menos a la condición del narrador o del poeta. Así, Homero atribuye a sus héroes condiciones que en modo alguno tienen los hombres. […] Hay una segunda manera, que es mirar a los protagonistas novelescos como de nuestra propia naturaleza, como si fuesen nuestros hermanos, como si fuesen ellos nosotros mismos, como si fuera el personaje un desdoblamiento de nuestro yo, con nuestras mismas virtudes y nuestros mismos defectos. Esta es, indudablemente, la manera que más prospera. Esto es Shakespeare. Todo Shakespeare. […] Y hay otra tercera manera, que es mirar al mundo desde un plano superior, y considerar a los personajes de la trama como seres inferiores al autor, con un punto de ironía. Los dioses se convierten en personajes de sainete. Esta es una manera muy española, manera de demiurgo, que no se cree en modo alguno hecho del mismo barro que sus muñecos. Quevedo tiene esta manera. Cervantes, también. […] Y esta consideración es la que me movió a dar un cambio en mi literatura y a escribir los «esperpentos», el género literario que yo bautizo con el nombre de «esperpentos».

 

(G. MARTÍNEZ SIERRA: “Hablando con Valle-Inclán. De él y de su obra”, ABC, Madrid, 7.XII.1928)

Lembren que poden consulta-las pezas comentadas nas outras visitas virtuais na área propia do Museo Valle-Inclán, nesta ligazón:

https://apobra.gal/category/museo-valle-inclan