Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XLVIII visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XLVIII visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN

O texto de Valle-Inclán que hoxe difundimos é unha peza de especial valor, pois conservamos no noso Museo Valle-Inclán o texto ORIXINAL. É un fragmento dun manifesto político redactado por Valle-Inclán e asinado á man por intelectuais da época do talle de Azorín (á parte de escritor, foi considerado o crítico literario español máis importante do seu tempo), Gregorio Marañón (membro numerario das academias españolas da lingua, Historia, Belas Artes, Nacional de Medicina e de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais) ou Miguel de Unamuno (escritor, profesor e filósofo), p.ex.

 

Peza do día: luns, 4 de maio de 2020

 

VALLE-INCLÁN ANTE O MORRO DA HABANA

Conrado Walter Massaguer

Tinta e acuarela sobre papel

1921

Orixinal

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

 

A ditadura pretoriana e monárquica española xerouse nos campos de Cuba; españois nados e criados aí foron algúns dos seus axentes máis egrexios, e hoxe, ó sentírmonos libres desa ditadura chégano-lo berro de dor dos que en Cuba sofren a groseira tiranía pretorianesca dos herdeiros daqueles soldados de fortuna e infortunio a soldo do hoxe derrubado trono. // […] Non queremos saber se o xeneral Machado é o que os indignos españois do vello réxime, os mercadores do patrioteirismo ditatorial, chamarían españolista; abóndanos con sabermos que ó azouta-las entrañas da vosa alma cubana fere, tanto coma a Cuba libre, esta España súa republicana que se sente súa nai e á vez súa filla en liberdade civil. // En nome, pois, da alma da españolidade liberada enviámosvos cun abrazo de dó un berro de maldición contra a bárbara tiranía da ditadura dese xeneral dexenerado e traidor ó  espírito da nosa raza.

 

(Valle-Inclán: “Ós perseguidos en Cuba”. Manifesto da intelectualidade española en contra da ditadura do xeneral Gerardo Machado, 1931)

 

 

 

Cita orixinal castelá:

La dictadura pretoriana y monárquica española se gestó en los campos de Cuba; españoles nacidos y criados ahí han sido algunos de sus agentes de más viso, y hoy, al sentirnos libres de esa dictadura nos llega el grito de dolor de los que en Cuba sufren la grosera tiranía pretorianesca de los herederos de aquellos soldados de fortuna e infortunio a sueldo del hoy derrumbado trono. // […] No queremos saber si el general Machado es lo que los indignos españoles del viejo régimen, los mercachifles de la patriotería dictatorial, llamarían españolista; nos basta con saber que al azotar las entrañas de vuestra alma cubana hiere tanto como a Cuba libre, a esta su España republicana que se siente su madre y a la vez su hija en libertad civil. // En nombre, pues, del alma de la españolidad libertada os enviamos con un abrazo de duelo un grito de maldición contra la bárbara tiranía de la dictadura de ese general degenerado y traidor al espíritu de nuestra raza.

 

(Valle-Inclán: “A los perseguidos en Cuba”. Manifesto da intelectualidade española en contra da ditadura do xeneral Gerardo Machado, 1931)

Lembren que poden consulta-las pezas comentadas nas outras visitas virtuais na área propia do Museo Valle-Inclán, nesta ligazón:

https://apobra.gal/category/museo-valle-inclan