Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XVI visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XVI visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN  

            Na xeira de hoxe mostrámosvos unha talla dun artista do Barbanza, Ricardo Dávila, que representa o marqués de Bradomín, o famoso personaxe das obras de Valle-Inclán que podemos ver en escena nas súas marabillosas catro sonatas, unha dedicada a cada estación do ano.

Hoxe comezamos coa sonata outoniza.

Estas narracións, fragmentos dunhas memorias ficticias do marqués de Bradomín, constitúen o exemplo máis salientábel de prosa modernista na literatura en castelán.

Tendes ó voso dispor unha exposición virtual de xoias literarias, xoias verbalmente musicais, na compaña dunha xoia escultórica.

E lembrade que tódolos días teredes unha visita virtual guiada a este voso museo, mais sempre QUEDANDO NA CASA!

Peza do día: xoves 2 de abril de 2020

Marqués de Bradomín

Ricardo Dávila

Talla, madeira de oliveira na súa cor

2016

Orixinal

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

 

Hai vinte e tres anos. Tiña oito. Entón namoreime de ti. O que sufría ó verte brincar coas miñas irmás maiores! Parece mentira que unha nena poida sufrir tanto cos celos. Máis tarde, de muller, fixéchesme chorar moito, pero entón tiña o consolo de te recriminar.

―Non obstante, que certa estiveches sempre do meu cariño!… E como o di a túa carta!

Concha pestanexou para rompe-las bágoas que lle tremían nas pestanas.

―Non estaba certa do teu cariño: era da túa compaixón.

(Valle-Inclán: Sonata de outono. Memorias do marqués de Bradomín, 1902)

(Cita orixinal castelá)

 

Hace veintitrés años. Tenía ocho. Entonces me enamoré de ti. ¡Lo que sufría al verte jugar con mis hermanas mayores! Parece mentira que una niña pueda sufrir tanto con los celos. Más tarde, de mujer, me has hecho llorar mucho, pero entonces tenía el consuelo de recriminarte.

―¡Sin embargo, qué segura has estado siempre de mi cariño!… ¡Y cómo lo dice tu carta!

Concha parpadeó para romper las lágrimas que temblaban en sus pestañas.

―No estaba segura de tu cariño: Era de tu compasión.

(Valle-Inclán: Sonata de otoño. Memorias del Marqués de Bradomín, 1902)