Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XVII visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XVII visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN 

            Volvemos á obra lírica de Valle-Inclán nesta décimo sétima xeira dos nosos percorridos guiados virtuais. Se onte desfrutabamos de parte da súa narrativa, hoxe porén imos con outra das súas claves líricas.

E lembrade que tódolos días teredes unha visita virtual guiada a este voso museo, mais sempre QUEDANDO NA CASA!

Peza do día: venres 3 de abril de 2020

Caricatura de Valle-Inclán

Héitor Picallo, o Karrapucho

Colaxe: acuarela, tinta chinesa e madeira sobre papel

2014

Orixinal

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

O gato que bufa! A porta que renxe! / A pingueira glo-glo-glo! / Sós na casa! Á porta roxe/ A besta abortada cando nacín eu.// A noite de outubro! Din que de Lúa, / Cun vento rexo e saltos de mar: / Baixo as súas estrelas ergueuse a miña fortuna, / Mar e ventos rexos víronme chegar. / […]A noite de outubro, o mar levantado… / A pingueira glo-glo-glo!

(Valle-Inclán: Claves líricas, 1930. Clave XXI: “Rosa do pecado”)

(Cita orixinal castelá)

¡El gato que runfla! ¡La puerta que cruje! / ¡La gotera glo-glo-glo! / ¡Solos en la casa! A la puerta ruge / La bestia abortada cuando nací yo. // La Noche de Octubre! Dicen que de Luna, / Con un viento recio y saltos de mar: / Bajo sus estrellas se alzó mi fortuna, / Mar y vientos recios me vieron llegar. / […] La Noche de Octubre, el mar levantado… / ¡La gotera glo-glo-glo!

(Valle-Inclán: Claves líricas, 1930. Clave XXI: “Rosa del pecado”)