Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XVIII visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XVIII visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN   

              Hoxe imos cunha imaxe moi especial: unha CARITERATURA (caricatura dun/ha clásico/a da literatura)!

Desfrutade desta creación de Néstor!

No parágrafo lírico de hoxe, o noso escritor Valle-Inclán cultiva tópicos da literatura clásica universal de tódolas épocas sobre o decorrer do tempo e o “nada novo baixo o Sol” (NIHIL NOVUM SUB SOLE).

E lembrade que tódolos días teredes unha visita virtual guiada a este voso museo, mais sempre QUEDANDO NA CASA!

 

 Peza do día: sábado 4 de abril de 2020

 

   CARITERATURAS: caricaturas de clásicos literarios

Serie plástica creada por Néstor

Don Ramón del Valle-Inclán

Néstor Dámaso del Pino

Tinta, acuarela, punta de prata / papel

2016

Orixinal

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

 

Nada será que non fose xa antes. / Nada será para non ser mañá. / Eternidade son tódolos instantes, / Que mide o gran que o reloxo debulla. / […] Sobre a eterna noite do pasado / Ábrese a eterna noite do mañá. / Cada hora, unha larva do pecado! / E o símbolo a serpe e a mazá!/ […] Todo é Eternidade! Todo foi antes! / E todo o que é hoxe será despois, / No Instante que abre os instantes, / E a cova da morte ós nosos pés!

(Valle-Inclán: O pasaxeiro, 1920. Clave XXVIII: “Rosa gnóstica”)

 

(Cita orixinal castelá)

 

Nada será que no haya sido antes. / Nada será para no ser mañana. / Eternidad son todos los instantes, / Que mide el grano que el reloj desgrana. / […] Sobre la eterna noche del pasado / Se abre la eterna noche del mañana. / ¡Cada hora, una larva del pecado! / ¡Y el símbolo la sierpe y la manzana! / […] ¡Todo es Eternidad! ¡Todo fue antes! / ¡Y todo lo que es hoy será después, / En el Instante que abre los instantes, / Y el hoyo de la muerte a nuestros pies!

(Valle-Inclán): El pasajero, 1920. Clave XXVIII: “Rosa gnóstica”)