Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XXIII visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XXIII visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN

            Hoxe pomos en diálogo dous ilustres escritores vinculados coa Pobra do Caramiñal: De la felicidad. Eternas inquietudes é unha obra do pobrense Victoriano García Martí prologada por Ramón del Valle-Inclán, e a imaxe gráfica de hoxe é un debuxo de Valle-Inclán realizado polo propio García Martí.

 

Peza do día: xoves 9 de abril de 2020

Ramón del Valle-Inclán

Por Victoriano García Martí

Debuxo

1954

Impresión tipográfica

Editorial Compostela, S.A.

Orixinal

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

 

Con Victoriano García Martí únenme lazos moi vivos de afecto anoados pola comunidade espiritual que se xera na contemplación da mesma paisaxe nativa e o coñecemento das mesmas almas: Amor e Dor, que canta e chora ó redor deste mar azul con golfiños, loureiros e pampos: o mar Tirreno da Arousa. Nos últimos seráns setembrinos, xa outonais, seráns verlerianos dunha longa e cadenciosa tristeza sensual e mística, o meu amigo líame as páxinas deste libro.

(Valle-Inclán: prólogo a Da felicidade. Eternas inquedanzas, de Victoriano García Martí, 1924)

(Cita orixinal castelá)

Con Victoriano García Martí me unen lazos muy vivos de afecto añudados por la comunidad espiritual que se engendra en la contemplación del mismo paisaje nativo y el conocimiento de las mismas almas: Amor y Dolor, que canta y llora en torno a este mar azul con delfines, laureles y pámpanos: el mar Tirreno de Arosa. Las últimas tardes septembrinas, ya otoñales, tardes verlerianas de una larga y cadenciosa tristeza sensual y mística, mi amigo me leía las páginas de este libro.

(Valle-Inclán: prólogo a De la felicidad. Eternas inquietudes, de Victoriano García Martí, 1924)

       ——————

No pan e no viño da Cea / déchesno-la túa eternidade, Nazareno, / antes de te desfaceres da humana / forma sobre a Cruz. // […] Ensíname, retiro deste monte, / a comungar contemplativamente, / a ve-la obra do Cristo nunha chama / de amor, e a recibi-la eucaristía / igual ca o pan e o viño da Cea, / na eterna substancia das cousas, / carne e sangue do Verbo!

(Valle-Inclán: Eucaristía, 1912-1916)

 

(Cita orixinal castelá)

 

En el pan y en el vino de la Cena / tu eternidad nos diste, Nazareno, / antes de despojarte de la humana / forma sobre la Cruz. // […] ¡Enséñame, retiro de este monte, / a comulgar contemplativamente, / a ver la obra del Cristo en una llama / de amor, y a recibir la Eucaristía / igual que el pan y el vino de la Cena, / en la eterna sustancia de las cosas, / Carne y Sangre del Verbo!

(Valle-Inclán: Eucaristía, 1912-1916)

            Lembren que poden consulta-las pezas comentadas nas outras visitas virtuais na área do Museo Valle-Inclán, nesta ligazón:

https://apobra.gal/category/museo-valle-inclan