Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XXVI visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XXVI visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

15 Abril, 2020

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN

 

Bosquexo para cartel

Manuel Mampaso

Témpera e xiz sobre papel

1966

Orixinal

Depósito TVE

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

Peza do día: domingo 12 de abril de 2020

 

Frei Xerome Argensola, da regra franciscana, lanza anatemas dende o púlpito e na penumbra da igrexa a voz resoa pavorosa e terríbel. […] / Óuvense algúns suspiros e unha devota esvaécese. […] Varias voces bisban na sombra.

UNHA VELLA― Quen é?

UNHA MOZA ― Non sei, avoa.

UN SANCRISTÁN ― Élle-la amiga do morgado…

OUTRA VELLA ― Para que viría a malcasada á igrexa!

UNHA VOZ NA SOMBRA ― Quererase arrepentir, tía Xiana.

Óuvese un riso irreverente, e o murmurio do comento apágase e confúndese co murmurio do rezo.

 

(Valle-Inclán: Aguia de brasón. Comedia bárbara, 1906/07)

(Tradución galega do Concello da Pobra do Caramiñal, SNL)

 

 

(Cita orixinal castelá)

 

Fray Jerónimo Argensola, de la regla franciscana, lanza anatemas desde el púlpito, y en la penumbra de la iglesia la voz resuena pavorosa y terrible. […] / Se oyen algunos suspiros, y una devota se desmaya. […] Varias voces susurran en la sombra.

UNA VIEJA. ― ¿Quién es?

UNA MOZA. ― No sé, abuela.

UN MONAGO. ― Es la amiga del Mayorazgo…

OTRA VIEJA. ― ¡Para qué vendría la mal casada a la iglesia!

UNA VOZ EN LA SOMBRA. ― Querrá arrepentirse, tía Juliana.

Se oye una risa irreverente, y el murmullo del comento se apaga y se confunde con el murmullo del rezo.

 

(Valle-Inclán: Águila de blasón. Comedia bárbara, 1906/07)

Lembren que poden consulta-las pezas comentadas nas outras visitas virtuais na área propia do Museo Valle-Inclán, nesta ligazón:

https://apobra.gal/category/museo-valle-inclan