Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XXVIII visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XXVIII visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

16 Abril, 2020

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN

 

Peza do día: martes 14 de abril de 2020

 

            Ramón del Valle-Inclán foi unha das figuras públicas da II República Española, como lembrarán polas citas das epístolas cruzadas co seu presidente Manuel Azaña en 1935, que publicamos neste museo virtual nas primeiras xeiras deste ciclo “QUEDA NA CASA VENDO O TEU MUSEO!”

Por iso, na efeméride histórica do 14 de abril (proclamación da II República en 1931), mostramos este cadro precisamente titulado

 

Valle-Inclán republicano

Alfonso Costa

Acrílico en papel

2006

Orixinal

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

 

Eu non querería que as orixinalidades que conto de don Ramón puidesen servir para realiza-lo falso retrato que algúns escritores intentaron facerlle, presentándoo como un ser extravagante, egoistamente desinteresado de todo o que pasaba ó seu redor. […] Para min don Ramón era un republicano sincero, humano e moi progresista, quen se entregou con toda a súa alma á República, pois estaba convencido de que esta realizaría unha completa renovación de España para satisface-la fame de progreso e de xustiza que sentían a maioría dos españois. Teño ouvido don Ramón, durante horas e horas, a opinar sobre o que ocorría no mundo. Estaba pendente sempre da situación política de España. Comentaba a actuación do goberno republicano con valor e franqueza. Agradábame, dado o prestixio de Valle-Inclán e a miña admiración por el, sentirme de completo acordo cos seus xuízos, que me parecían bastante avanzados.

(Ignacio Hidalgo de Cisneros y López de Montenegro: Memorias, “Valle-Inclán en Roma”, 1934)

 

(Cita orixinal castelá)

 

Yo no quisiera que las originalidades que cuento de don Ramón pudieran servir para realizar el falso retrato que algunos escritores han intentado hacerle, presentándole como un ser extravagante, egoístamente desinteresado de todo lo que pasaba a su alrededor. […] Para mí don Ramón era un republicano sincero, humano y muy progresista, que se entregó con toda su alma a la República, pues estaba convencido de que ésta realizaría una completa renovación de España para satisfacer el hambre de progreso y de justicia que sentían la mayoría de los españoles. He oído a don Ramón, durante horas y horas, opinar sobre lo que ocurría en el mundo. Estaba pendiente siempre de la situación política de España. Comentaba la actuación del gobierno republicano con valor y franqueza. Me agradaba, dado el prestigio de Valle-Inclán y mi admiración por él, sentirme de completo acuerdo con sus juicios, que me parecían bastante avanzados.

(Ignacio Hidalgo de Cisneros y López de Montenegro: Memorias, “Valle-Inclán en Roma”, 1934)

Lembren que poden consulta-las pezas comentadas nas outras visitas virtuais na área propia do Museo Valle-Inclán, nesta ligazón:

https://apobra.gal/category/museo-valle-inclan