Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XXX visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XXX visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN

 

            Nesta xeira número XXX, desfruten cun bo exemplo das Sonatas de Valle-Inclán, as obras máis destacadas da prosa modernista da literatura española, ilustradas no noso fragmento de hoxe por Domingo Regueira.

BORRANCHOS: aproximación á obra de Valle-Inclán

Serie plástica creada por Regueira

SONATA DE ESTÍO

Domingo Regueira

Tinta, augada de tinta en papel

2018

Orixinal

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

 

Peza do día: xoves 16 de abril de 2020

 

― Ave María Purísima!

― Sen pecado concibida!

A Nena Chole quixo beber da fonte e elas impedíronllo con grandes espaventos:

― Que fai, Nena?

Detívose un pouco inmutada:

― É velenosa esta auga?

― Persígnese, non máis. É auga bendita e soamente a comunidade ten bula para bebela. Bula do Santo Padre, vinda de Roma. É auga santa do neno Xesús!

E ámbalas dúas leigas, falando en coro, sinalaban o anxiño gordiño e nu, quen, enredador e ousado, vertía a auga na pía de alabastro pola súa miúda e cándida virilidade.

― Dixéronnos que era o neno Xesús. […]

Elas mirárona mostrando gran respecto e disputaron por lle ofrece-las súas ánforas, pero eu asegureilles que a Nena Marquesa prefería sacia-la sede aplicando os labios ó santo cichón de onde a auga manaba. A Nena Chole achegouse co embozo caído ós ombros e estando a beber acometeuna tal tentación de riso, que por pouco afoga.

(Valle-Inclán: Sonata de estío. Memorias do marqués de Bradomín, 1903)

 

Cita orixinal castelá:

 

―¡Ave María Purísima!

―¡Sin pecado concebida!

La Niña Chole quiso beber de la fuente, y ellas se lo impidieron con grandes aspavientos:

―¿Qué hace, Niña?

Se detuvo un poco inmutada:

―¿Es venenosa esta agua?

―Santígüese, no más. Es agua bendita, y solamente la Comunidad tiene bula para beberla. Bula del Santo Padre, venida de Roma. ¡Es agua santa del Niño Jesús!

Y las dos legas, hablando a coro, señalaban al angelote desnudo, que enredador y tronera vertía el agua en el tazón de alabastro por su menuda y cándida virilidad.

― Nos dijeron que era el Niño Jesús. […]

Ellas la miraron mostrando gran respeto, y disputáronse ofrecerle sus ánforas, pero yo les aseguré que la Niña Marquesa prefería saciar la sed aplicando los labios al santo surtidor de donde el agua manaba. La Niña Chole se acercó con el rebocillo caído a los hombros y estando bebiendo le acometió tal tentación de risa, que por poco se ahoga.

(Valle-Inclán: Sonata de estío. Memorias del Marqués de Bradomín, 1903)

Lembren que poden consulta-las pezas comentadas nas outras visitas virtuais na área propia do Museo Valle-Inclán, nesta ligazón:

https://apobra.gal/category/museo-valle-inclan