Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XXXII visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, XXXII visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN

 

Ilustración para a XX edición das Xornadas Valle-Inclán

Martinho Picallo

Deseño gráfico

2018

Orixinal

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)

 

Peza do día: sábado 18 de abril de 2020

 

[…] moito sentimento tiven de non poder ir á Pobra nos breves días que estiven na Galiza. Despois de tantos anos! // Alborotouse o mar, que quixo sen dúbida darme unha visión do que foi a miña vida ata que Deus Noso Señor quixo lembrarse de min. Estiven en Vilanova, e en van busquei unha lancha que atravesase a ría. Logo, un telegrama fíxome volver a este Madrid cando menos o esperaba. Pero canto querería ir á Pobra e vervos a todos! Houbo tanto desgusto nalgúns anos da miña vida e foi tan mesquiña a vitoria e a gloria que cando quero gozar co pasado hei de volve-los ollos ós días xa afastados da xuventude. E a miña alma está chea de lembranzas coma se vivise cen anos!

(Valle-Inclán: carta a Andrés Díaz de Rábago, Madrid, 09.01.1911)

 

 

Cita orixinal castelá:

[…] mucho sentimiento tuve de no poder ir a la Puebla en los breves días que estuve en Galicia. ¡Después de tantos años! // Se alborotó el mar, que quiso sin duda darme una visión de lo que fue mi vida hasta que Dios Nuestro Señor quiso acordarse de mí. Estuve en Villanueva, y en vano busqué lancha que atravesase la ría. Luego un telegrama me hizo volver a este Madrid cuando menos lo esperaba. ¡Pero cuánto hubiera querido ir a la Puebla y veros a todos! Hubo tanto acíbar en algunos años de mi vida y fue tan mezquina la victoria y la gloria, que cuando quiero gozar con el pasado he de volver los ojos a los días ya lejanos de la juventud. ¡Y mi alma está llena de recuerdos como si hubiese vivido cien años!

(Valle-Inclán: carta a Andrés Díaz de Rábago, Madrid, 09.01.1911)

 

Lembren que poden consulta-las pezas comentadas nas outras visitas virtuais na área propia do Museo Valle-Inclán, nesta ligazón:

https://apobra.gal/category/museo-valle-inclan