Últimas Novas

Museo Valle-Inclán: peza do mes (abril 2019)

Museo Valle-Inclán: peza do mes (abril 2019)

0 comments

MEDALLA CONMEMORATIVA

Gonzalo Sánchez Mendizábal

Escultor con obradoiro en Madrid

Bronce

Fundición

9 cm (diámetro) x 1 cm

Doazón do autor

 

A Torre de Bermúdez, obra civil datada entre 1540 e 1545, foi construída e decorada por un obradoiro de arquitectura instruído nos saberes de Rodrigo Gil de Hontañón, o gran mestre de arquitectura introdutor de solucións castelás nas principais empresas alzadas por aquel entón no antigo reino da Galiza. Un dos seus discípulos, Juan Pérez, o que figura como mestre de obras na catedral de Santiago de Compostela e na basílica do gremio de mareantes de Pontevedra, témolo documentado traballando no Caramiñal.

2016 foi ano que sumaría a dupla efeméride do 150.º aniversario do nacemento de Ramón del Valle-Inclán e do 40.º aniversario da declaración desta torre dos Valle Bermúdez como monumento histórico-artístico de carácter nacional, sede dunha colección patrimonial de primeira orde para o país como é o Museo Valle-Inclán. Ámbalas conmemoracións inspirarían esta medalla artística. Así queda constancia nos motivos e lemas que reproduce. Trátase dunha peza artística de calidade e alto sentido simbólico, dedicada a un escritor de prestixio para a literatura mundial e a unha das súas residencias máis queridas e admiradas.

O seu autor, Gonzalo Sánchez Mendizábal, quen ademais de creador é tratadista de escultura, con estudio profesional en Madrid e obras en coleccións de Nova York, Londres, Berlín, Roma, Madrid, deseña unha medalla de canons clásicos. Anverso. Ó centro, efixie do escritor modelada a partir dun retrato de estudio feito polo fotógrafo Alfonso Sánchez Portela en 1932, xirada á súa esquerda. Lenda, escrita en caracteres de estilo modernista, MUSEO DE DN. RAMON MARIA DEL VALLE-INCLAN * MMXVL *. Reverso. Ó centro, tondo clásico coa serea presente na fachada principal do inmóbel, adaptación en pedra dun gravado asinado por Lucas van Leyden. Lenda, MI CASA DE LAS TORRES DE BERMUDEZ * LA CASA MAS BONITA DE GALICIA *. A frase reproducida, pronunciada polo xenial literato galego en declaracións de prensa efectuadas no diario EL PUEBLO GALLEGO, en 1922, testemuña o grande aprecio que o “Señor do Caramiñal” sentía por este palacete renacentista.

 

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.