Últimas Novas

Museo Valle-Inclán, peza do mes: “O Jandolo”

Museo Valle-Inclán, peza do mes: “O Jandolo”

0 comments

PEZA DO MES

 

Cabeza do «JANDOLO»

Deseño de RuiAnahory

Plástico policromado

25 (alto) x 17 (ancho) x 21.5 (fondo) cm

Doazón de Rui Madeira, director da CTB

Portugal, 2010

 

Na temporada 2010/11, a Companhia de Teatro de Braga, CTB, incluía na súa programación escénica a representación de A cabeça do Baptista, peza de Ramón del Valle-Inclán, traducida ó portugués por António Pescada, con dramaturxia contemporánea de Manuel Guede Oliva, director entón do Centro Dramático Galego, CDG. Logo de estreado o espectáculo no Teatro Circo de Braga, sede estábel da CTB, posteriormente sería levado en xira itinerante polas principais salas do país veciño, Portugal.

 

Para aquela produción foi modelada esta peza escultórica, como atrezzo teatral, executada nun efectista estilo naturalista polo artista plástico RuiAnahory. Resulta evidente a filiación da súa testa con deseños tomados de efectos do cinema e o seu empeño por servir de reclamo para un público impresionábel. Correspóndese co personaxe dramatizado en La cabeza del Bautista (1927), un dos cinco esperpentos que compoñen o Retablo de la avaricia, la lujuria y la muerte  valleinclanesco.

 

Non é puntual nin de hoxe o interese de Portugal pola literatura de Ramón del Valle-Inclán. Debemos prestar atención ó diálogo que se ten producido a ámbolos lados do Miño dende os anos noventa, ás relacións  luso-galaicas entre as compañías e axentes teatrais, e algunhas editoriais, e que posibilitou esta nova adaptación de La cabeza del Bautista, de factura portuguesa e dirección artística galega.

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.