Últimas Novas

Neste Nadal seguen as actividades de conciliación na Pobra do Caramiñal

Neste Nadal seguen as actividades de conciliación na Pobra do Caramiñal

         Na Pobra do Caramiñal continuamos a desfrutar dun Nadal tendo as nosas nenas e nenos e as familias sempre como protagonistas. Á parte de continuaren as actividades da Pequetroula no toldo da praza Maior, proseguen os obradoiros de conciliación no colexio Salustiano Rey Eiras, co servizo de madruga e mais co servizo do comedor.

As actividades de conciliación están desenvolvidas polas concellarías dos Deportes e da Igualdade.

Máis información en

Programación da Pequetroula do Nadal de 2019/2020