Últimas Novas

No 5 de agosto abre o prazo de pagamento en período voluntario do IBI e do lixo correspondente a 2022

No 5 de agosto abre o prazo de pagamento en período voluntario do IBI e do lixo correspondente a 2022

4 Agosto, 2022

O Concello da Pobra do Caramiñal informa de que no 5 de agosto abre o prazo de pagamento en período voluntario do imposto sobre bens inmobles (IBI) -urbano, rústico e BICES- e de que permanecerá aberto ata 5 de outubro. O dito prazo tamén é aplicable para a taxa do lixo correspondente ao primeiro semestre do presente ano.

Recoméndase ter feita a domiciliación bancaria. Se non é así, poderase realiza-lo pagamento achegándose ata a Oficina de Recadación situada na planta baixa do consistorio, de luns a venres, en horario de 09.00 a 13.00 horas.

O vencemento do prazo de pagamento en período voluntario sen ter ingresada a débeda tributaria motivará a apertura do procedemento recadatorio no período executivo coa recarga de constrinximento.