Últimas Novas

Novas medidas en vigor dende as 00.00 horas deste 26 de febreiro

Novas medidas en vigor dende as 00.00 horas deste 26 de febreiro

25 Febreiro, 2021

Ás 00.00 horas deste 26 de febreiro de 2021 entran en vigor as novas medidas anunciadas pola Xunta respecto da situación epidemiolóxica.

A Pobra do Caramiñal atópase entre os concellos con nivel de restrición media.

A permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado, quedará condicionada a que non se supere o número máximo de catro persoas, agás que se trate de persoas conviventes.

Os establecementos hostaleiros e de restauración poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio, de entrega a domicilio, de terraza co 50% da capacidade máxima permitida e tamén no interior cunha ocupación do 30%. O horario de peche ao público será ás 18.00 horas. Non obstante, poderán prestar servizos de recollida no local e consumo a domicilio ata as 21.30 horas, ou ben servizo de entrega a domicilio. O servizo de entrega a domicilio poderá realizarse ata as 24.00 horas.

Limitación da mobilidade nocturna no período comprendido entre as 22.00 e as 06.00 horas.

Ligazón ao Diario Oficial de Galicia (DOG) onde se especifican as medidas, entre elas, a relación de municipios entre os cales está permitida a mobilidade atendendo á súa similar situación epidemiolóxica: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/excepcional/2021/20210225/2572/Secciones1_gl.html