Últimas Novas

Novas normas do estado de alarma: horarios das saídas do domicilio na actual fase

Novas normas do estado de alarma: horarios das saídas do domicilio na actual fase

Venres 8 de maio de 2020    

            Dende o Goberno municipal consideramos que o concello da Pobra do Caramiñal, coa nova interpretación da medida dos núcleos de poboación inferior a 5000 habitantes, queda tamén libre da restrición de movementos por franxas horarias na totalidade do termo municipal.

Debemos ter en conta que o asentamento da poboación é practicamente continuo entre os diferentes núcleos, por iso esta nova aplicación da norma pode ser prexudicial para nós.

Isto obríganos a lembrar que tódalas demais medidas seguen máis vixentes ca nunca, como respecta-los 2 m de distancia e realizar unha hixiene frecuente das mans.

E tódalas demais que se refiren ás saídas para actividade física:

para o paseo con menores de 14 anos, máximo 1 hora a 1 km da casa, cunha soa persoa adulta e con ata tres nenos ou nenas;

as persoas adultas para os paseos poderán ir acompañadas doutra coa cal convivan;

a práctica de deporte non ten a limitación da distancia pero si do territorio municipal etc.