Últimas Novas

O conto musicado <i>A Loba Antea</i> recala na biblioteca municipal da Pobra

O conto musicado A Loba Antea recala na biblioteca municipal da Pobra

13 Setembro, 2021

A biblioteca municipal Victoriano García Martí acollerá neste 16 de setembro, ás 18.00 horas, a función infantil A Loba Antea, da man de A teta dos contos. Trátase dunha actividade dirixida a crianzas que narra como no camiño do Irixo que vai cara Compostela atópase unha loba que coidará do bosque polo que os camiñantes pasan, pero ademais diso, é unha loba artista, acróbata e equilibrista.

Un conto musicado que tenta transmitir os valores do coidado e respecto á natureza, ademais de tratar a idiosincrasia da nosa terra.

As prazas son limitadas, polo que é preciso realiza-la reserva a través do enderezo electrónico bibliotecadapobradocaraminal@gmail.com ou do teléfono de contacto 981831633, indicando nome, apelidos e teléfono de contacto. Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19.

Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), ao abeiro do programa Ler Conta Moito.