Últimas Novas

O “Espantallo amigo” das nenas e nenos vén á biblioteca municipal da Pobra!!!(venres 27 de setembro ás 18 h)

O “Espantallo amigo” das nenas e nenos vén á biblioteca municipal da Pobra!!!(venres 27 de setembro ás 18 h)

  Neste venres, 27 de setembro de 2019, o grupo teatral Os Quinquilláns acudirá á biblioteca municipal da Pobra do Caramiñal coa obra “A fábula do espantallo”. Trátase dun divertido obradoiro teatral para crianzas e as súas familias a partir da obra “Espantallo amigo” do escritor Xosé Neira Vilas.

   Farase unha lectura grupal e en voz alta desta novela, teremos unha sesión de deseño de cartaces xunto cunha sesión de debuxo dos personaxes da novela, un obradoiro de elaboración de espantallos e tamén buscaremos entre o vocabulario do “Espantallo amigo” as palabras menos coñecidas e a maneira como son nomeadas na nosa zona.

     Será ás 18.00 h

Agardámosvos!