Últimas Novas

O festival Mar Diverso recala na Pobra no 31 de xullo con Óscar Aldonza

O festival Mar Diverso recala na Pobra no 31 de xullo con Óscar Aldonza

27 Xullo, 2022

O festival de arte inclusiva e patrimonio costeiro Mar Diverso, impulsado pola Asociación Ambar, chega no 31 de xullo á Pobra do Caramiñal con Óscar Aldonza.

A cita arrancará ás 12.30 horas, na praza de abastos da localidade, e incluirá a presentación da escultura dirixida polo artista nas semanas previas coa colaboración de compoñentes da referida entidade: o escultor Jontxu Argibay, membro da área de artesanía, e un grupo de persoas que está medrando como artistas neste espazo como é o caso de Santiago Fernández, María Otero, Fran Romero, Óscar Pérez, Sonia Piñeiro e Julio Piñeiro.

O acto está aberto a toda a cidadanía.