Últimas Novas

O municipio da Pobra entra en alerta máxima por coronavirus

O municipio da Pobra entra en alerta máxima por coronavirus

O municipio da Pobra do Caramiñal entra hoxe na alerta máxima por coronavirus, cunha incidencia acumulada que supera os 250 e con 24 novos casos diagnosticados nos últimos 14 días.

O grupo de goberno manterá hoxe unha reunión urxente para decidir se se toman algunhas medidas adicionais de protección fronte á COVID-19, que se porían en práctica ao longo da xornada e das cales se informaría a cidadanía.