Últimas Novas

O Museo Valle-Inclán adía a charla-coloquio “Que é un museo? Uso e gozo dunha institución cultural” prevista para sábado 25 de maio

O Museo Valle-Inclán adía a charla-coloquio “Que é un museo? Uso e gozo dunha institución cultural” prevista para sábado 25 de maio

0 comments

COMUNICADO DA DIRECCIÓN DO MUSEO VALLE-INCLÁN

A Pobra do Caramiñal, 23 de maio de 2019

A dirección do Museo Valle-Inclán, no marco da conmemoración do Día Internacional do Museo 2019 organizado polo Consello Internacional de Museos ICOM-UNESCO, tomou a decisión de suspender provisionalmente a charla-coloquio Que é un museo? Uso e gozo dunha institución cultural prevista para sábado, 25 de maio,    ás 20:00  h

Esta actividade, organizada polo persoal técnico do museo e dirixida a tódolos públicos, estaba programada no auditorio do museo. Dado que a data de celebración das eleccións é xustamente ó día seguinte, desde a dirección considerouse a necesidade de  adiala para o mes que vén, xuño, e non interrompe-lo normal transcurso da xornada de reflexión. Pedimos desculpas ás nosas usuarias/os e lamentámo-las molestias que esta decisión poida ocasionarlles, reiterando a nosa intención de volver ofertar esta actividade en canto nos for posíbel.

18 de maio, Día Internacional dos Museos: xornadas e exposición no Museo Valle-Inclán

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.