Últimas Novas

O servizo <i>Coidados porta a porta</i> chega á Pobra no mes de setembro

O servizo Coidados porta a porta chega á Pobra no mes de setembro

3 Agosto, 2022

A unidade móbil de Coidados porta a porta estará na praza do Emigrante da Pobra do Caramiñal nos días 21, 22, 23 e 26 de setembro, en horario de 09.00 a 20.00 horas.

Lévanse así coidados ás persoas maiores para a prevención da dependencia. Os servizos que se prestan son de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria.

Para máis información e cita previa habilítanse os teléfonos de contacto 622748283, 623546992 e o enderezo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.