Últimas Novas

O Teatro dos Ghazafelhos tráenos “Rubicundo” ó teatro Elma: 26 de decembro ás 18.30 h

O Teatro dos Ghazafelhos tráenos “Rubicundo” ó teatro Elma: 26 de decembro ás 18.30 h

26 de decembro de 2019 ás 18.30 h no teatro Elma

O Teatro dos Ghazafelhos  presenta Rubicundo. Entrada de balde

         Tódalas noites, Rubicundo sae na súa bicicleta enriba da árbore do seu xardín rumbo á noite pecha. Semella que ninguén repara nesta personaxe enfundada nun gabán e sombreiro de copa. Ninguén agás Erea. Disposta a chegar até a fin daquel misterio… Pois así era esta rapaza… curiosa e soñadora… Rubicundo cóntanos unha fermosa historia sobre a amizade, a constancia e a poesía, abríndono-la posibilidade de  perseguírmo-los nosos soños sen sentirmos fronteiras.

Entrada libre ata se completa-lo cabemento do local

       Organiza a Concellaría da Cultura do Concello da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.