Últimas Novas

OBRADOIRO DE OLARÍA E CERÁMICA: domingo 12 de xaneiro a partir das 12 h na praza Maior da Pobra do Caramiñal, con Alén das Olas

OBRADOIRO DE OLARÍA E CERÁMICA: domingo 12 de xaneiro a partir das 12 h na praza Maior da Pobra do Caramiñal, con Alén das Olas

         Neste domingo 12 de xaneiro de 2020, no posto situado na praza Maior da Pobra do Caramiñal, gozaremos dun interesante OBRADOIRO DE OLARÍA E CERÁMICA que nos ofrecerá a asociación Alén das Olas, a partir das 12  h  e que se estenderá ó longo de toda a xornada de domingo, ata o serán.

É de balde e dirixido a todo o mundo que quixer participar.

Fai parte da completísima programación xeral do festival VIVE, APRENDE E GOZA DO NOSO 2020, que durante toda esa fin de semana nos acompañará da man da Asociación Cultural Eiradela.

Non o perdades!

Máis información sobre a programación xeral do festival en

11 e 12 de xaneiro, “Vive, aprende e goza do noso 2020” coa Eiradela na praza Maior (V edición do festival)