Últimas Novas

Obradoiros de conciliación do verán de 2020: 25 de xuño a 9 de setembro (en 4 quendas) Inscrición ata 22 de xuño (quenda 1.ª)

Obradoiros de conciliación do verán de 2020: 25 de xuño a 9 de setembro (en 4 quendas) Inscrición ata 22 de xuño (quenda 1.ª)

          Neste verán de 2020 vai haber obradoiros de conciliación, pero serán en diferentes quendas  (ata 4 quendas), como medida de precaución por mor da crise sanitaria derivada do Covid-19.

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN para as actividades da primeira quenda: 22 de xuño de 2020

O Concello da Pobra do Caramiñal quere que as nosas nenas e nenos desfruten dos obradoiros coa máxima seguranza sempre, empregando a máscara protectora cando for preciso.

As saídas e entradas das nosas nenas e nenos serán graduadas.

Respectarase sempre a capacidade máxima permitida dos espazos, como medida de precaución.

Amplíanse os espazos e as medidas de limpeza.

Servizo de comedor e servizo de madruga

     Actividades ó ar libre

Organizan a Concellaría da Igualdade e a Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal.