Últimas Novas

SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL

       O Servizo de Orientación Laboral do Concello da Pobra do Caramiñal presta os seguintes servizos no marco das subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2020 (ORDE do 17 de decembro de 2019; código de procedemento TR331A):

 

a) Diagnose individualizada e elaboración do perfil ocupacional da persoa demandante de emprego: comprende a identificación de recursos para o emprego da persoa participante co fin de elabora-lo seu perfil en función da súa dispoñibilidade, da súa ocupabilidade e da súa empregabilidade.

 

b) Deseño do itinerario personalizado para o emprego: consiste na elaboración, coa participación e o compromiso da persoa demandante, do proceso para o seu acceso ó emprego. Este itinerario incorpora a identificación de alternativas profesionais, dun itinerario formativo e das actuacións para unha procura activa de emprego.

 

c) Acompañamento personalizado na busca activa de emprego: trátase do seguimento personalizado e individual á persoa demandante, exercendo as funcións de titoría e orientación das actuacións previstas.

 

d) Deseño, planificación e execución de accións de grupo no marco da orientación laboral.

 

e) Asesoramento na definición do currículo, provisión de instrumentos e técnicas para a procura activa de emprego, ademais do uso de novas ferramentas a través do uso das TIC.

 

f) Apoio á xestión da mobilidade laboral.

 

g) Información e asesoramento sobre a oferta formativa e os programas para a mellora da cualificación e formación profesional.

 

h) Intermediación laboral: é o conxunto de accións para pór en contacto as ofertas laborais coas persoas participantes na bolsa de emprego, para favorece-la súa inserción laboral.

 

HORARIO DE ATENCIÓN Ó PÚBLICO

De luns a venres de 8:00 a 15:00 horas

 

TELÉFONO

Teléfono directo: 981 37 76 10

Central: 981 84 32 80 – ext. 2013

Correo electrónico: orientacion.laboral@apobra.gal