Últimas Novas

OS CONTOS DO CHUPETE

OS CONTOS DO CHUPETE

Bea ten un problema. O seu lobo leva chupete… Cada vez que llo intentan quitar, chora. Pero chora moito… a quen se lle conte, un lobo con chupete! Está desconsolado. Contos, cantos e cancións serán a solución.

Os contos do chupete é unha sesión de contos para bebés na que se integran música en directo, literatura infantil, expresión dramática e tradición oral. Os cativos poderán chuchar contos, canción e arrolos ata encher a barriguiña nesta proposta para bebés na que gozar en familia.

Idade recomendada: Entre 0 e 3 anos.

Vos agardamos na biblioteca.