Últimas Novas

OUTONO TEATRAL

OUTONO TEATRAL

A Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal  en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña organiza para o mes de novembro o ciclo Outono Teatral, que inclúe un total de 4 funcións, 3 de teatro afeccionado e 1 de teatro profesional.

A primeira representación  é no 5 de novembro coa compañía Manicómicos e a obra Orquestra de Señoritas. O domingo 12 tócalle a vez ó grupo de teatro O Aturuxo de Melpómene coa obra Terapia de bar e, no domingo 19, o grupo de teatro O Maxolo poñerá en escena O florido pensil.

Para rematar este ciclo de teatro a compañía profesional Talía Teatro representarán a obra Foucellas.

Todos estes espectáculos terán lugar no teatro Elma ás 19.00 h  e a entrada é de balde.

TEATRO NOVEMBRO