Últimas Novas

“Papar sen cancelas” domingo 1 de decembro ás 19 h no teatro Elma

“Papar sen cancelas” domingo 1 de decembro ás 19 h no teatro Elma

       Domingo 1 de decembro ás 19.00 h no teatro Elma

Pedro Brandariz, Fran Rei e Isabel Risco, de  Culturactiva,  presentan  Papar sen cancelas.

Papar sen cancelas, un delicioso espectáculo onde poderedes deleitarvos cunha exquisita selección gourmet dos mellores pratos da nosa lingua. Linguas soltas, linguas hábiles, linguas deslinguadas, linguas para tódolos gustos! Poderedes presencia-las artes para a cociña cómica de tres xeniais chefs preparando o menú para personaxes entre o máis distinguido do panorama galego actual. Comedia de alta cociña sobre a cultura galega. Porque en Galiza cómese ben, e fálase mellor!

Non o perdades!

     Entrada libre ata se enche-la cabida do local