Últimas Novas

Pechada temporalmente ó público a biblioteca municipal da Pobra do Caramiñal ata un novo aviso

Pechada temporalmente ó público a biblioteca municipal da Pobra do Caramiñal ata un novo aviso

            O Concello da Pobra do Caramiñal informa de que a biblioteca municipal Victoriano García Martí estará pechada, por precaución sanitaria, dende 13 de marzo de 2020 ata un novo aviso. Desculpen os inconvenientes.

Para calquera consulta ou dúbida, teñen ó seu dispor o teléfono 981 83 16 33 dende luns ata venres polas mañás, e mailo correo electrónico bibliotecadapobradocaraminal@gmail.com

O horario de renovación de préstamos pola vía telefónica será de luns a venres, dende as 12 ata as 15 h