Últimas Novas

“Pementeiras”, con Xoré Teatro: domingo 10 de marzo, 20 h no Elma

“Pementeiras”, con Xoré Teatro: domingo 10 de marzo, 20 h no Elma

0 comments

OBRA DE TEATRO “PEMENTEIRAS”, a cargo de Xoré Teatro

DOMINGO 10 DE MARZO  ÁS 20.00 h NO TEATRO ELMA

Pementeiras, un proxecto pedagóxico teatral que ten como obxecto potencia-la igualdade a través do empoderamento feminino.

A obra narra a historia de dúas amigas que teñen un pensamento moi diferente da realidade social en que están inmersas. Sofía, unha muller nova, que ten grandes inquietudes e ganas de loitar polo seu recoñecemento persoal e profesional, anímase a participar en calquera proxecto que mellore a súa situación actual. Por outro lado, Dosinda, unha muller tradicional arraigada nos valores do patriarcado non amosa ningún interese en mellora-la súa situación social e familiar, xa que para ela as cousas foron así e non deberían mudar.

Durante o desenvolvemento da obra, Sofía faille ver a Dosinda a situación en que se atopa e axúdaa a iniciar un proceso de reflexión persoal que lle deparará grandes cambios, tanto no ámbito familiar coma laboral.

Entrada de balde

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.