Últimas Novas

PISTACATRO “OUTONO”

PISTACATRO “OUTONO”

SÁBADO 29 DE SETEMBRO ÁS 18.00 H. NO TEATRO ELMA

 

Con motivo dos dez anos do nacemento de Pistacatro, a emblemática compañía de Novo Circo Galego da o seu mortal máis arriscado: Outono, un novo espectáculo no que reúne aos seus fundadores para celebrar o máis difícil aínda, facerse maior.

Outono é unha homenaxe aos pallasos clásicos, contada a través dunha compañía de clowns en plena crise. Un espello no que se miran os artistas e as súas personaxes, unha carpa caída onde se suceden as estacións.

Outono é un espectáculo de teatro-circo con música en directo, que nos conta a viaxe nostálxica de catro artistas ao seu pasado, unha celebración da amizade e dos fracasos, unha reivindicación de ser idiotas, unha mirada poética ao antigo oficio dos pallasos. Un reencontro cheo de emocións, verdade e humor.

Intérpretes: Aitor Garuz, Manu Lago, Natalia Outeiro “Pajarito” e Pablo Reboleiro

Entrada de balde.

Organiza: a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.