
Agrupación de Voluntarios e Voluntarias da Protección Civil
Está constituída por persoas que de maneira altruísta se comprometen a realizar tarefas encamiñadas á prevención e autoprotección, así como á colaboración, auxilio e apoio dos servizos públicos de protección civil atendendo as necesidades que presenta o municipio. Neste senso, a agrupación participa en dispositivos operativos de carácter preventivo, colabora nos labores dos dispositivos loxísticos, apoia os servizos en caso de emerxencia e dálles soporte ós distintos grupos de acción derivados da activación de calquera plan de protección civil. A súa base localízase no polígono da Tomada.