Auditorio do Museo Valle-Inclán

Denomínase así o salón de actos situado no andar superior da construción moderna anexa á Torre de Bermúdez; edificio que veu substituí-lo antigo casarón de pedra que ocupaba o predio, derruído en 1984-1986, e que sería un teatro. Inaugurada en 1988 como Auditorio do Museo Valle-Inclán, esta dependencia dedícase a actividades de comunicación e das artes escénicas de pequeno formato. Asemade, como parte funcional da sede museística, exhibe unha escolma de figurinos teatrais e de vestiario escénico, doazóns do Museo Nacional del Teatro – INAEM e do Centro Dramático Galego, respectivamente.

Rúa Unión nº 17
981831662